Os haicus... poemas xaponeses...
É que hai que saber de todo... Senón temos intelixencia e cultura... Que nos queda?...
Neste artigo gustaríame falar dunha lírica pouco coñecida e que rompe as barreiras da creatividade e orixinalidade... O haicus... Estes poemas proveñen do imperio do sol nacente, é unha das estructuras poéticas máis tradicionais dos nipóns... Previo ó haiku (é con k a forma orixinal, aínda que ó pasalo ó galego escribímolo con c), existía o hokku, pero no século XIX, Masao Shiki separou o hokku e creou o primeiro haicu, sendo así o creador e primeiro escritor de haicus da historia...
O haicu son tres versos cuxa estructura consta de cinco, sete e cinco sílabas, e están carentes de rima. A palabra clave destes poemas é o kigo, o cal fai referencia á estación do ano na que situaríamos a poesía... Segundo algúns pensadores, o haicu debería fusionar dúas imaxes, creando unha no primeiro verso, outra no segundo e uníndoas no terceiro e último verso, de forma que cree un binomio fantasioso... Á pausa realizada nun dos dous primeiros versos, para dárlle cohesión o poema denomínase kireji... Pero todas estas regras soen ser quebrantadas, e acábanse facendo haicus sen facer caso nin sequera á estructura... Estes poemas soían reflexar paisaxes, lugares, panorámicas, cabios de estacións e tamén referencias o tempo atmosférico... Pero agora calquera cousa pode ser "haicuada"...
0 comentarios